Novas

Iria, Sofía, Andrea e Helena fixeron a pretempada co primeiro equipo

Set 1, 2022

Catro foron as canteirás que neste mes de agosto realizaron adestramentos co conxunto de Primeira División, unha máis que o ano pasado. Desta forma, prémiase o seu esforzo e traballo, á vez que son exemplo para as que veñen formándose detrás e poderían entrar na dinámica de adestramentos ou incluso encontros oficiais durante a competición, se se estimase preciso. Son:

  • Iria Tilve Señoráns: 16 anos. Este será o seu primeiro ano de xuvenil. Desempéñase como peche. Na campaña pasada, todavía en idade cadete, xogou co xuvenil e o sénior B. Ademais, adestra piragüismo aquí en Poio.
  • Sofía Rozas Osorio: compañeira de Iria no cadete o curso pasado, aínda que coma ela, tamén xogou no xuvenil e no sénior B. Desputou coa selección galega sub 16 o campionato de España, chegando a semifinais. Desenvólvese como ala-pivote.
  • Helena Blanco Noya: únese ó grupo de cadetes que comezan a súa etapa de xuvenil. Porteira de 16 anos que neste caso non desputou encontros o ano pasado en liga xuvenil, pero si chegou a debutar co sénior B.
  • Andrea Alvite Costa: xuvenil que acaba de cumprir os 18 anos. Única que xa debutou co primeiro equipo, no amigable o pasado mes de agosto na Coruña ante o Viaxes Amarelle. O ano pasado formou parte tanto do xuvenil como do sénior B.

Por tanto, son tres xogadoras que pese a ser cadetes na tempada pasada, desputaron numerosos partidos en categorías superiores e, con dous anos máis, Andrea Alvite, que practicamente foi unha compañeira de equipo máis.

Sen dúbida, grandes talentos do fútbol sala das que estamos orgullosas de habelas formado, tanto como futbolistas como persoas. Moita sorte no futuro e a seguir traballando.

Na imaxe, de Cristina Saiz – Pontevedra Viva, Iria Tilve e Andrea Alvite na primeira fila dende a dereita.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Pretempada