Novas

Capitás da tempada 2025 / 2026

Set 2, 2025

A nova campaña de liga en Primeira División comezará este sábado na Seca (contra o Penya Esplugues ás 18h). Ante este inminente acontecemento e unha vez regresaron as internacionais dos seus compromisos coa selección, designáronse as seguintes capitás no vestiario vermello:

  • Ale de Paz: a nedense converteuse na líder principal do equipo. Esta será a súa terceira tempada seguida e a sétima en total nas nosas filas. Campiona de tres das catro Copas Galicia do club, é a futbolista con máis títulos coa entidade poiense. Ademais, é dobre vencedora da Eurocopa. Sen dúbida, unha auténtica lenda na Seca, con máis de 200 encontros defendendo a camiseta conserveira.
  • Martita: quinto curso en Poio para a peche coruñesa, que por terceira vez repite entre as capitás. Acumula 136 partidos disputados co club, 109 siendo titular. Tamén marcou 22 goles e repartiu 15 asistencias.
  • Elena: ó igual que Ale de Paz, accede á capitanía por primeira vez (sustitúen a Irene García e a Elena Aragón, líderes xunto a Martita nas dúas campañas anteriores). Este será o seu cuarto ano en Poio. Acumula 77 duelos disputados, 70 como titular, recibindo 125 goles. Incluso anotou 1 e deu 3 asistencias.

En caso de ausencia destas tres xogadoras, xa que son habituais da Selección Española, a capitanía residirá en mans de Chuli.

Pechamos a noticia lembrando que a campaña de abonados está no seu momento culmen. Podedes ver toda a Primeira División no pavillón da Seca, así como os restantes partidos doutros equipos do club, solicitando o carné a través do número 698 14 77 05 ou escribindo a info@poiopescamarfs.es.

CATEGORÍA: Novas