Novas

Comezamos a Copa da Raíña en Ceuta

Set 21, 2022

O día 1 de novembro arrincará unha nova aventura no torneo do ko. Farémolo na segunda rolda e visitando terras ceutís para enfrontarnos, a partido único, ó CD IES Camoens, que superou por 4 – 0 ó Guadalcacín FS na primeira eliminatoria (na que só participaban equipos de Segunda División), desputada a pasada fin de semana.

Longo desprazamento e partido do que nada debemos confiarnos, ante un conxunto que mostrou poderío neste primeiro duelo e a sabendas de que esta competición afouta a todos os rivais. No recordo, as dúas últimas derrotas a penaltis en oitavos de final ante Ourense Envialia e Sala Zaragoza, que nos privaron de maiores éxitos logo de sermos subcampioas.

Por iso, máxima concentración para avanzar nesta competición que tanta ilusión nos fai e que non dá segundas oportunidades.

 

Fonte: RFEF
Foto: Pilar Soliño Ucha, Pisou