Fin das vacacións de verán. O luns 5 de agosto ás 10 da mañá, a pretempada dá o pistoletazo de saída. Primeiro adestramento a un mes do comezo da Primeira División na cancha do ascendido Teldeportivo. O 14 de setembro estrearémonos como locais ante o LBTL Futsal Alcantarilla. Podedes consultar o calendario da competición aquí.
Tras case dous meses de descanso e confección do equipo, a rutina regresa. Iso si, con cinco novas compañeiras: Candela, Èlia, Miri, Chuli e Rocío Molina. Os obxectivos son claros unha vez máis: pelexar polos títulos. Luis López-Tulla será por terceiro ano o encargado de dirixir ó grupo neste propósito.
A falta de confirmar os partidos preparatorios, tamén saíu o cadro da Copa Galicia, na que defenderemos título. En cuartos de final tocaranos contra o gañador do duelo previo entre Viaxes Amarelle e Fisober. Certo é que despois, para semifinais, habería outro sorteo.