Novas

1 de agosto: inicio da tempada 2025 / 2026

Xul 29, 2025

O Poio Pescamar bota a andar de novo despois de dous meses de descanso (o último partido da pasada campaña foi o 24 de maio). Farémolo dende este venres, primeiro día do mes de agosto, cunha dobre sesión (mañá en pista e tarde en ximnasio). Por cuarto ano consecutivo estará á fronte Luis López-Tulla, que planificará xunto ó corpo técnico un mes de pretempada.

A Primeira División comezará o 6 de setembro. No noso caso debutaremos en casa contra o recén ascendido AE Penya Esplugues. O calendario completo da liga pódese ver aquí, aínda que especificaremos noutra publicación todos os partidos que disputaremos na Seca.

Cinco xogadoras deixaron a disciplina neste período estival: Irene García, Laura Uña, Sandra Buzón, Elena Aragón e Rocío Molina. Polo momento, confirmáronse sete renovacións (Elena, Ale de Paz, Martita, Candela, Chuli, Èlia e Miri) e outras sete altas (Yanira, Bravo, Débora, Noelia Montoro, Pedreira, Zaide Pérez e Rafa Pato).

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Pretempada