Poio. Xoves 21 de decembro de 2023.
Logo de ler o comunicado escrito polo FSF Castro, vémonos na obriga de respostar ás declaracións vertidas, que non son fidedignas.
Non é certo que non reservamos entradas. O luns, 18 de decembro, recibimos a solicitude de invitacións por parte do FSF Castro e acordamos ofrecer 25, número similar ó que dámos ós clubes que fan a devandita solicitude, en virtude dun acordo de reciprocidade.
O martes, ás 17:15 horas, pídesenos información vía correo electrónico para saber se hai entradas á venda. Respostamos o mércores dicindo que o restante aforo véndese no portelo de venda do pavillón, pero nos interesamos en saber cantas precisan reservar, solicitadas para familiares de xogadoras e a maiores das 25 iniciais.
Hoxe, xoves, pola mañá, pídensenos 40 entradas máis e notificamos por teléfono ó momento que non é posible facer unha reserva desa cantidade.
Por tanto, seguimos a actuación habitual como entidade local respecto da visitante, interesándonos por arranxar calquera situación. Agora, só queda gozar do derbi e do espectáculo que nos ofrece o fútbol sala galego.