Non é unha renovación como tal, xa que a á catalá Anna Escribano (Sabadell, 18/09/1999) tiña contrato en vigor tamén para a próxima tempada. Aínda así, non podiamos deixala sen a súa nova de que segue na plantilla, para non dar lugar a dúbidas.
Será a súa terceira campaña na Seca, mais non de forma consecutiva, xa que pasou o curso 2020 – 2021 no Viaxes Amarelle. A súa aportación e adaptación en Poio foi in crescendo, pechando a segunda parte da tempada pasada con máis protagonismo, marcando goles chave e, incluso, sendo nomeada MVP da XV Copa Galicia, a terceira que veu ás nosas vitrinas.
Por un ano máis de MVP, Anna!