Non será un mes de xuño precisamente para descansar no caso de Candela, que foi convocada pola Selección Española de persoas xordas para disputar o mundial en Montesilvano, Italia, do 14 ó 27 deste mes.
As doce participantes encádranse en tres grupos de catro equipos. España é parte do grupo B, xunto a Brasil, Turquía e Irlanda. Pasarán a cuartos de final as dúas primeiras de cada agrupación, así como as dúas mellores terceiras clasificadas.
A Selección Española puido conseguir participar tras uns meses de incertidumbre polo custo económico que supoñía. Cabe lembrar que son as vixentes subcampioas de Europa (2022) e campioas das Sordolimpiadas de inverno de Turquía en 2024.
Moita sorte e a polo ouro, Candela!

