Novas

Corpo técnico de Primeira División para o curso 2023 / 2024

Ago 18, 2023

Non só as futbolistas forman o plantel. Como é sabido, elas son as protagonistas e as que xogan, pero sempre hai un equipo técnico detrás que as preparan e acompañan. Dende a figura do adestrador á de psicóloga, todos aportan o seu gran de area na consecución dos obxectivos do club. Para a tempada que vai comezar, estes serán os membros do staff:

  • Luis López-Tulla: o adestrador madrileño, ós seus 28 anos recén cumpridos, guiará a nave vermella por segunda campaña consecutiva, tras estrearse no posto batendo todos os rexistros históricos do club.
  • Guillermo Arribas: o técnico asturiano de 32 anos será o segundo ó mando, en substitución de Kevin Noda.
  • David Lázaro: preparador físico de 28 anos que xa se uniu á entidade na recta final do pasado curso. Natural de Vilagarcía de Arousa.
  • Sergio Fandiño: de Beluso, Bueu, levará a cabo as labores de fisioterapeuta, que compaxina co Arosa SC. Ten 24 anos.
  • Lidia Martínez: psicóloga de 28 anos procedente de Marín.
  • Sofía Rodríguez: tras estar de prácticas no club a final da pasada campaña, exercerá agora a labor de delegada. 22 anos e natural de Tui.
  • David Maquieira Salgado: pontevedrés afincado en Vilagarcía, manterá por cuarta tempada seguida os traballos de prensa e comunicación ós seus 29 anos.

Sete integrantes que destacan pola súa profesionalidade e xuventude serán o apoio diario para que o Poio Pescamar siga facendo historia na Primeira División.

CATEGORÍA: Comunicados