Para a tempada que comeza tamén houbo algún cambio no corpo técnico do conxunto de Primeira División. Elas e eles son parte fundamental para a consecución dos obxectivos, cada vez máis ambiciosos. Aquí volos presentamos:
Na imaxe: Sofía, Sergio, Luis, David Lázaro e John.
Na imaxe de cabeceira: John, Sergio, Luis, David Lázaro e Daniel.
- Luis López-Tulla: pouco que engadir do novo adestrador madrileño que revolucionou Poio. Só 29 anos e nas dúas campañas que exerceu no posto logrou mellorar case todas as marcas do club, o que lle levou renovar por dous anos máis.
- Daniel Álvarez: será o noso segundo adestrador, en substitución de Guillermo Arribas. É de Baiona e ten 37 anos.
- David Lázaro: continúa no posto de preparador físico, ó que accedeu ó final da tempada 2022 / 2023. É de Vilagarcía de Arousa e ten 29 anos.
- Sergio Fandiño: de 25 anos y de Beluso, Bueu. Ocupará la labor de fisioterapeuta.
- Sofía Rodríguez: a de Tui repetirá no cargo de delegada ós seus 23 anos. Tamén será a adestradora do equipo infantil masculino.
- John Vázquez: vigués de 23 anos, é a segunda novidade xunto a Daniel e terá labores de auxiliar.
- David Maquieira Salgado: quinto ano no club para o encargado de prensa e comunicación, de 30 anos e natural de Campañó, Pontevedra.
Así como facemos con cada futbolista, desexámoslles a cada un moita sorte na campaña, para que o seu traballo e esforzo véxase recompensado e poidan crecer profesionalmente.