Novas

Derradeira concentración da Selección Española antes do Mundial

Out 13, 2025

A seleccionadora española, Clàudia Pons, citou a tres das nosas xogadoras para a derradeira concentración antes da lista definitiva do Mundial. Repiten Martita e Ale de Paz, mentras que regresa Noelia Montoro, ausente na pasada convocatoria.

As futbolistas conserveiras acudirán á chamada do combinado español entre o 19 e o 23 deste mes nas Rozas.

Cabe lembrar que o primeiro mundial oficial de fútbol sala feminino comezará o 21 de novembro en Manila, Filipinas. España debutará o día 22 e a súa preparación será dende o 2 de novembro.

CATEGORÍA: Novas