Novas

Data confirmada para a visita ó Burela

Mar 18, 2022

O partido correspondente á xornada 17 de liga no Pavillón de Vista Alegre de Burela confirmouse para a súa celebración o próximo sábado día 26 de marzo ás 17:00h.

Aproveitando as dúas semanas de parón por concentracións de seleccións, recuperaremos o último duelo pendente que nos quedaba, adiado o 12 de febreiro cando tivemos un gromo de covid no plantel.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Burela