Como ben é sabido, este mes de marzo conta con só dúas xornadas de liga, na súa primeira e última fin de semana, posto que polo medio se concentra a selección española para desputar o terceiro Campionato de Europa, do día 17 ó 19 en Hungría. Na prelista para os últimos amigables, da cal todavía se farán dous descartes, está Luci, a nosa dobre campioa do torneo.
Mentras tanto, o resto do plantel de Primeira División mantivo os adestramentos nos tres primeiros días desta semana. Agora, dispoñen de catro xornadas libres, antes de regresar ó traballo o vindeiro luns.
Un pequeno e merecido descanso para recargar pilas de cara á recta final da liga, a cal encaramos dende a segunda posición, na busca do noso primeiro playoff polo título. O día 25 teremos unha proba de moito nivel, ó recibir ó quinto clasificado, A.D. Alcorcón, que nestes momentos é o equipo máis en forma, sumando seis vitorias consecutivas e nove partidos sen perder (25 puntos dos últimos 27).