Malia que o fútbol sala non é deporte olímpico, si que está representado nos Xogos Suramericanos que se celebran tamén cada catro anos. A edición de 2022, que se organiza en Asunción (Paraguay), concentra ás nosas dúas internacionais coa selección arxentina para defender a camiseta albiceleste no parquet.
Por iso, tanto Dupuy como Agostina se perderán o partido de liga da quinta xornada, pero debido ó parón de dúas semanas na competición nacional, estarán para o seguinte encontro.
Pola súa parte, o luns 10 de outubro entran en competición, que será durante cinco días seguidos, ata a hipotética final do día 14, onde agardamos colleiten o ouro para o medallero arxentino.
Moita sorte e que desfrutedes desta experiencia!