Novas

Elena Aragón coróase campioa do III Quiz Poio FS

Mai 16, 2024

Revalida título Elena Aragón logo de vencer na final do III Quiz Poio FS a Anna Escribano, que chegaba por primeira vez ó último duelo.

Desta forma, a de Chiclana suma as súas dúas participacións por vitorias, despois de gañar o ano pasado a Laura Uña. Na presente edición, a súa condición de vixente campioa serviulle para estar exenta da primeira rolda. Despois, eliminou a Lara Balseiro no desempate de cuartos de final, a Laura Uña en semis e a Anna na gran final.

Por cortesía de Estrella Galicia, patrocinador desta final, ambas participantes tiveron un pack de cervexas 0,0 como premio. Mención especial para a copa desta edición, o dobre de grande que nas anteriores (así Elena ten dúas diferentes).

Lembramos que a primeira xogadora en conquistar este concurso foi Martita en 2022.

Moitas grazas ás participantes e a toda persoa que nos estivo vendo durante o concurso!

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Quiz Poio FS