A RFEF decidiu crear unha nova categoría na Selección Española Feminina de fútbol sala, a sub-23, e na súa primera convocatoria chamaron a dúas xogadoras do noso plantel: Elena e Martita.
O grupo está concentrado dende o pasado día 27 de outubro e esta tarde disputarán un amigable contra o Futsi Atlético Navalcarnero.
Regresa a peche coruñesa, Martita, a unha convocatoria tras debutar coa absoluta en novembro de 2022. Pese á súa xuventude, acumula catro tempadas nas nosas filas rendindo ó máximo nivel. De feito, é a única futbolista que foi titular en todos os partidos deste curso, asinando 3 goles e 2 asistencias incluso (8 partidos, contando Copa Galicia).
En 2022, aínda que en marzo, adestrou unha vez coa absoluta Elena, antes de ter que deixar a concentración por covid. A meta segoviana, que tamén estivo na sub-17 e na sub-21, ve recompensado o seu traballo, consolidado no noso club, na súa terceira campaña, como unha das porteiras que menos tantos encaixa en Primeira División. Nos 5 duelos ligueiros que disputou, recibiu 6 tantos.