Novas

As nosas canteirás Estela e Irene desputarán con Galicia o Campionato de España

Xan 10, 2023

Estela Fernández García e Irene Rozas Osorio foron convocadas para viaxar a Murcia e desputar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará na localidade de Molina del Segura do 16 ó 20 de xaneiro. Ambas defenderán ó equipo galego sub-16, encadrado no Grupo B con Castela A-Mancha e Melilla (avanza a semifinais o mellor dos tres).

As dúas xogadoras compaxinan ata tres equipos nas nosas escolas deportivas (cadete, xuvenil e filial), o que dá mostra da súa capacidade e compromiso co club.

Este xoves, día 12, terán o último partido de preparación para o torneo. Será no pavillón de Oira ante o Ourense Envialia B ás 20:30h.

 

Fonte: Futgal