Alba del Carmen García Silverio (Santander, 11/10/2005) é a cuarta incorporación de cara á vindeira tempada. Procede do CD Segosala, xoga como ala-pivote e asina por dúas tempadas.
Alba comezou no fútbol sala en 2011, na Escola de Liencres, onde se formou durante catro cursos. Despois de pasar un máis no Parbayón FS, continuou nas filas da AD Peña Lachicoria entre 2016 e 2020. Debutou en Segunda División con 16 anos na tempada 2020 / 2021 coa AD Mioño e, a continuación, pasou unha campaña no filial do Ourense CF, tamén na categoría de prata, para regresar ó Mioño ata 2024. As dúas últimas tempadas militou no CD Segosala e disputou o playoff de ascenso á máxima categoría. Deste xeito, coa súa chegada a Poio debutará na Primeira División.
Ademais, foi convocada coa Selección Española sub-19 en 2020 e 2021, con 15 e 16 anos, respectivamente. Neste mesmo ano 2026 recibiu a chamada da selección sub-21.
Benvida a Poio, Alba!

