Catro anos despois da súa saída, a dobre campioa de Europa con España volta á que foi a súa casa durante catro tempadas.
Ale de Paz sumará a experiencia colleitada en Burela, onde estivo tres cursos e gañouno todo, aínda que procede do Marín Futsal, no que permaneceu un ano. A de Neda volverá defender unha camiseta que se puxo en máis de 100 partidos de liga entre 2015 e 2019.
Ós seus 28 anos, reforzará a posición de ala. Ogallá que coa súa chegada siga sumando títulos ó seu palmarés (e por tanto ó noso).
Benvida a casa, Ale!