Novas

A primeira fichaxe é Candela

Xul 2, 2024

Candela Soria López (Ourense, 12/6/1998) vestirá de vermello para a tempada 2024 / 2025, convertíndose na primeira incorporación.

A pivote procede do Ourense Ontime FSF, club no que disputou as dúas últimas campañas (vén de marcar 10 goles en liga) e, con anterioridade, de 2017 a 2020. No medio, Candela estivo nas filas do Viaxes Amarelle nos cursos 2020 / 2021 e 2021 / 2022, logrando neste último o ascenso a Primeira División. Os seus primeiros pasos neste deporte deunos no Colexio das Carmelitas de Ourense, ata que en idade infantil se uníu ó Cidade de As Burgas. Con este equipo debutou ós 15 anos en Primeira División en 2013, permanecendo nel ata 2017.

Recenteme, foi campioa das Sordolimpiadas co equipo español en Turquía.

Agardámoste en Poio. Moita sorte!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Candela · Fichaxes