Novas

O plantel complétase con Carla Ayensa

Out 18, 2023

A quinta e última incorporación do plantel conserveiro xa adestra co grupo. Trátase de Carla Ayensa Arano (26/05/1998, Tudela, Navarra), pivote procedente do LBTL Futsal Alcantarilla.

Carla formouse no fútbol sala dende 2010 a 2016 no CD Cantera de Cascante, localidade preto de Tudela. Despois, integrou as filas do UCAM Murcia, co cal debutou en Primeira División no curso 2016 / 2017. Permaneceu na disciplina murciana ata 2021, compaxinando as súas dúas últimas tempadas alí co Desguaces París La Algaida de Segunda División, club que por aquel entón exercía de filial do UCAM. Para a campaña 2021 / 2022 uniuse ó LBTL Futsal Alcantarilla, logrando o ascenso á máxima categoría do fútbol sala español ese mesmo ano.

A futbolista locerá o dorsal 12 e o seu debut podería darse o sábado (17:30h) ante o líder, Alcorcón.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Carla Ayensa · Fichaxes