Novas

Chuli vai quedar o noso equipo

Xul 17, 2024

A cuarta incorporación ó plantel conserveiro é Carmen Noreña Rodríguez, Chuli (Santander, 18/10/2000). Procede do Viaxes Amarelle e exercerá como ala-pivote.

Chuli, como a alcuman, comezou xogar ó fútbol sala no Herrera de Camargo FS xa en 2006. Un ano despois seguiría a súa formación no Guarnizo, onde permaneceu ata 2014, cando pasou integrar as filas do FSF Ribamontán al Mar. Debutou en Primeira División antes de cumprir os 18 anos (o 29/09/2018), defendendo a camiseta do CD Leganés. Tras cinco tempadas no club pepinero, o curso pasado estivo no conxunto da Coruña, co que anotou 15 goles en liga.

Agardámoste en Poio para triunfar, Chuli!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Chuli · Fichaxes