A futbolista portuguesa Débora Marisa Fernandes Lavrador (Lisboa, 16/01/1996) será parte do nova plantel de Primeira División. Procede do Burela e desempéñase como universal na pista.
Débora comezou a xogar ó fútbol sala no Leões de Porto Salvo en 2004. Permaneceu nese club ata 2015, cando firmou polo Benfica e debutou na Primeira División portuguesa. En dúas tempadas conseguiu gañar unha liga, unha copa e unha supercopa. A continuación, enrolouse no Sporting de Lisboa, en 2017, por outros tres cursos (debutou en 2019 coa selección portuguesa, coa que acumula doce convocatorias e tres goles). Tras pasar a campaña 2020 / 2021 no Arneiros, volveu ó Sporting de 2021 a 2023.
Deu o salto á Primeira División española para xogar unha tempada no Marín Futsal e, posteriormente, outra no Burela. Por tanto, vén de ser campioa de Copa da Raíña e de Copa Galicia.
Benvida a Poio, Débora!

