Novas

Elena Aragón ingresa na entidade conserveira

Xuñ 30, 2022

A futbolista gaditana Elena Aragón de la Torre únese ó proxecto da nova tempada. Procede do Burela FS, club no que recalou en 2020.

 

Nacida en Chiclana de la Frontera, ós seus 26 anos reforzará o posto de á-pívot na escadra vermella. Dende 2010 a 2018 defendeu a camiseta do Cádiz FSF, sendo o último curso en Primeira División. Despois, mantívose na máxima categoría no Leganés outros dous anos, para finalmente firmar en Burela, co que gañou todos os títulos posibles.

 

Agardamos que sigas levantando títulos connosco!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Elena Aragón · Fichaxes