Novas

Èlia reforza o posto de ala

Xul 8, 2024

Èlia Gullí Martínez (Tarragona, 14/6/2000) defenderá a camiseta vermella na próxima campaña. Vén procedente do Viaxes Amarelle, no que permaneceu tres anos.

Nomeada mellor xogadora catalá do curso 2021 / 2022 (a edición anterior á que gañou Anna Escribano), destacou nas filas do equipo coruñés, marcando 20 goles en liga. Na súa formación pasou seis tempadas no Futsal Pax, da súa cidade de nacemento, tres máis no FS Cervera Segarra (debut en Segunda División) e despois deu o salto a Galicia para permanecer no Amarelle os últimos tres cursos, logrando o ascenso a Primeira División no primeiro deles.

Asidua da Selección Catalá dende categorías inferiores, foi campioa de España coa sub-20 e a sub-21. En canto á Selección Española, pasou pola sub-17, a sub-18 (coa que logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude de Buenos Aires en 2018) e a sub-21.

Moita sorte e benvida a Poio, Èlia!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Èlia · Fichaxes