Aínda estabamos en Segunda División, pero Lara Balseiro integrou o noso plantel na campaña 2011 / 2012. Por tanto, a de Viveiro volve vestir a elástica vermella tras 11 anos, despois de ser parte do Marín Futsal no pasado curso.
Campioa de todo título posible co Burela FS en repetidas ocasións, entre 2012 e 2022, a ala de 30 anos é unha futbolista de enorme recorrido na Primeira División.
Imos por todas, Lara!