Novas

Laura Uña, primeira alta para a vindeira tempada

Xuñ 27, 2022

Laura Uña Canales firma co Poio para a campaña vindeira e convértese na primeira fichaxe oficial, tras a do adestrador Luis López-Tulla. Nacida en agosto de 1996 en Cabezón de la Sal (Cantabria), chega dende o Ourense Envialia para reforzar a posición de á-pívot.

 

Formada no Camargo e o Muriedas cántabros, nos que xogou dos anos por equipo en Primeira Rexional (de 2011 a 2015), deu o salto como sénior no Ribamontán al Mar, desputando dúas tempadas en Segunda División. De aí firmou co Leganés, debutando en Primeira en 2017. Deixaría o conxunto pepinero en 2019 polo Ourense Envialia, no que permaneceu tres cursos completos.

 

Agardámoste na Seca, Laura!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Laura Uña