Novas

Laura Uña volve recomendar Poio

Xul 9, 2026

Laura Uña Canales (Cabezón de la Sal, Cantabria, 12/08/1996) volve á que foi a súa casa durante tres tempadas, tras un ano no Torreblanca Melilla.

A súa traxectoria comezou nos clubs cántabros Camargo, Muriedas e Ribamontán al Mar. Con este último debutou como sénior en Segunda División no ano 2015. Dous anos despois asinou polo Leganés e estreouse na Primeira División. En 2019 chegou a Galicia para defender as cores do Ourense Ontime durante tres campañas, xusto antes de recalar no Poio en 2022, onde permaneceu tres campañas máis. O pasado verán puxo rumbo a Melilla, onde se proclamou campioa da Copa da Raíña e da Supercopa de España. Na liga remataron primeiras, aínda que foron subcampioas tras caer na final do playoff fronte ó Futsi. Co conxunto norteafricano asinou un total de 17 goles.

Así, Laura regresa ó Poio un ano despois. Aquí conseguiu levantar unha Copa Galicia e un subcampionato da Supercopa de España. Ademais, entrou no reducido grupo de futbolistas que superaron os 100 partidos coa nosa camiseta e foi a máxima goleadora do equipo en cada unha das tres tempadas que defendeu as nosas cores.

Os seus números completos son:

  • Convocatorias: 112
  • Partidos disputados: 110
  • Titularidades: 87
  • Goles: 68
  • Asistencias: 23
  • Cartóns amarelos: 19
  • Cartóns vermellos: 0

 

Cómpre destacar que Laura debutou coa Selección Española en 2023, cando comezaba a súa segunda tempada como xogadora do Poio.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Laura Uña