Novas

Luci regresa tres anos despois

Xul 7, 2026

Lucía Gómez González (A Coruña, 20/01/1992) volverá vestir de vermello tres anos despois da súa saída de Poio, tempo no que formou parte das filas da A.E. Les Corts de Barcelona, cun breve paso polo Racing Club arxentino.

Luci comezou a xogar ao fútbol sala no Sal Lence coruñés con 10 anos. O seu debut en Primeira División chegou nas filas do Viaxes Amarelle en 2012 (tras o traslado deste club á Coruña ó fusionarse co Sal Lence en 2005). Despois, permaneceu en etapas de dous anos no propio Amarelle, Orvina de Pamplona, Ourense FSF e Burela, ata recalar en Poio.

A ala zurda foi unha das xogadoras máis destacadas do club entre 2020 e 2023, etapa na que conquistou unha Copa Galicia e foi subcampioa nas nosas primeiras finais da Copa e da Supercopa de España. De feito, alcanzou exactamente os 100 partidos defendendo a nosa camisola. Con anterioridade, en Burela conseguiu conquistar a Primeira División, a Copa e a Supercopa. Tamén sumou unha Copa de España co Ourense en 2017, dúas Copas Catalunya co Les Corts e un subcampionato da Copa Libertadores co Racing Club de Avellaneda en 2024 (aproveitando o parón estival da liga en España). Ademais, é tricampioa de Europa coa Selección Española, coa que debutou en 2017.

Entre todas as competicións, acumula como conserveira:

  • Convocatorias: 101
  • Partidos xogados: 100
  • Titularidades: 83
  • Goles: 37
  • Asistencias: 17
  • Tarxetas amarelas: 18
  • Tarxetas vermellas: 2

 

Benvida de novo á casa, Luci!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Luci