Novas

A tricampioa en Italia, Marta Peñalver, únese ó Poio Pescamar

Xul 5, 2022

Marta Peñalver Ramón (12/07/1992, San Javier, Murcia) será vermella na próxima tempada. A á-pívot murciana provén de Italia, onde colleitou todos os títulos posibles.

 

Sen ir máis lonxe, o pasado mes de xuño proclamouse campioa da liga italiana co Città di Falconara, equipo co que ademais logrou un histórico triplete sumando a Copa e a Supercopa.

 

Formada no Roldán, único equipo no que xogou en España e co que ascendeu a Segunda e a Primeira División, permaneceu once anos no conxunto de Torre Pacheco, dos que os catro últimos foron na máxima categoría. En dita etapa entrou tamén na selección española.

 

En 2016 emprendeu rumbo a Italia. Pasou tres tempadas no Futsal Femminile Cagliari (unha delas rematou pichichi con 42 goles), intercalando unha no Futsal Florentia. Nas dúas últimas campañas defendeu o escudo do Città di Falconara, co que vén de gañalo todo.

 

Benvida de novo a España, Marta!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Marta