Novas

Miri dá o salto á máxima categoría vindo a Poio

Xul 16, 2024

Miriam Esteban Sastre (Nava de la Asunción, Segovia, 19/12/2006) confírmase como o terceiro reforzo conserveiro. Desempéñase no posto de ala-pivote e procede do CD Segosala de Segunda División.

Miri dá o salto á máxima categoría ós seus 17 anos, despois de formarse no Sporting Nava de la Asunción dende os 6. Con 14 primaveras continuou no conxunto do que procede, disputando a categoría de prata (estiveron moi preto de lograr o ascenso na final contra o Teldeportivo). Ademais, no recén finalizado curso, foi convocada coa selección española sub-19.

Benvida ó paraíso, Miri!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Miri