Novas

Noelia Montoro aposta polo Poio

Xuñ 15, 2025

Para reforzar a posición de peche vén Noelia Montoro Susarte (Mula, Murcia, 01/11/1997). Procede do CD Burela FS e é triple campioa de Europa coa Selección Española.

Noelia Montoro comezou a xogar ó fútbol sala no PDM Mula da súa localidade natal. En 2014 ficha polo UCAM ElPozo Murcia e debuta en Segunda División. Dous anos despois conseguen o ascenso a Primeira, debutando en 2016. Para 2018 chegaría a súa estrea co combinado nacional. Tras seis cursos, foise ó Roldán, onde permaneceu dúas campañas entre 2020 e 2022, para logo asinar polo Burela, club no que militou nos últimos tres cursos e onde se proclamou campioa de dúas Ligas, dúas Copas da Raíña, dúas Supercopas de España e unha Copa Galicia.

Benvida a Poio, Noelia!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Noelia Montoro