A quinta incorporación para o novo grupo é Carolina de Assis Olim Mendonça Pedreira (Cascais, Portugal, 14/04/2002). Segunda internacional portuguesa para as nosas filas, tamén procedente do Burela FS. Reforza o posto de ala.
Carolina formouse no club Quinta dos Lombos, pasando a ser parte do Sporting de Portugal en 2017. Alí permaneceu seis tempadas e debutou en Primeira División (na 2019 / 2020) e coa selección portuguesa (11/01/2022). Chegou a España en 2023 co Marín Futsal e na pasada campaña defendeu as cores do Burela, proclamándose campioa da Copa da Raíña e da Copa Galicia.
Nas categorías inferiores do combinado luso participou en 16 partidos e anotou 11 goles. Coa absoluta, acumula 30 encontros e 13 tantos. Ademais, foi campioa do Mundial Universitario en 2022.
Benvida a Poio, Carolina!