A quinta fichaxe confirmada tamén procede do Universitat d´Alacant. Trátase de Rocío Gómez (Alhendín, Granada, 8/1/1998) e a súa posición principal é a de á.
A granadina formouse no CD Futsalhendín, CD Zaidin 90 e Granada Futsal 2009, onde rematou a súa etapa como infantil. Dende a tempada 2012/2013 xoga en categorías nacionais. En segunda división estreouse co Universidad de Granada para despois pasar ó Loja FS e en 2014 recalar noo UCAM Murcia FSF.
Permaneceu catro tempadas no conxunto murciano, logrando en 2016 o ascenso a Primeira División. En 2019 firmou co Universitat d´Alacant, club no que pasou as últimas tres campañas. Neste mesmo 2022 foi convocada coa selección española absoluta.
Benvida á costa Atlántica, Rocío!