Novas

Rocío Molina regresa ó fútbol sala co proxecto conserveiro

Xul 25, 2024

Rocío Molina Juárez (Almería, 04/04/2005) é a quinta alta do verán. A peche estrearase na Primeira División tras unha traxectoria multidisciplinar.

Rocío Molina comezou no fútbol sala no CD Kiosco Luis Marín da súa cidade, Almería. Para a campaña 2020 / 2021 cambiou ó CD El Ejido Futsal, co que disputou dúas veces a Segunda División Nacional (neste período tamén logrou o terceiro posto no campionato de España coa selección andaluza). Sen embargo, as dúas últimas tempadas xogounas na UD Almería de fútbol 11, a primeira en Segunda RFEF e a recentemente finalizada, en Terceira RFEF.

Ademais, Rocío foi campioa de España en fútbol praia en 2021 e subcampioa en 2022, 2023 e este mesmo mes, coa selección andaluza sub-20.

Benvida ó paraíso!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Rocío Molina