Yotsui Saki, ala de 27 anos, convírtese na cuarta incorporación da tempada, procedente do Burela FS.
Xogadora internacional coa selección xaponesa, no seu país natal foi campioa de liga nas campañas 2020-2021 e 2021-2022 (nesta última logrou o dobrete sumando a Copa Nacional) co club Bardral Urayasu, no cal permaneceu dende 2016 a 2022. En marzo deste mesmo ano confirmou a súa chegada a España ó fichar polo Burela.
Hoxe mesmo traballou por primeira vez ás ordes de Luis López-Tulla e a súa primeira convocatoria, previsiblemente, será para o partido de liga do domingo en casa do Viaxes Amarelle.