Portería completada para a tempada 2022 – 2023. Sandra Buzón Camus (Santander, 25/11/1996) será parte do plantel do 25 aniversario.
A cancerbeira cántabra compaxinou fútbol 11 con sala na súa formación. Así, estivo do 2010 ó 2013 no FSF Guarnizo, desputando a Segunda División na última campaña. Despois, xogou unha tempada no Racing Féminas, lonxe do pavillón, para voltar ó parqué en 2014 co Bilbo FS. Tras dous anos no conxunto vasco, pasou outro no FSF Rioja para logo firmar co Leganés. No conxunto pepinero permaneceu tres cursos, de 2017 a 2020, antes de irse ó Burela.
Ó igual que Elena Aragón, ambas veñen de ganalo todo nas dúas tempadas que sumaron na Mariña Lucense. Benvida ás Rías Baixas, Sandra!