A nosa primeira incorporación confirmada para a campaña 2025 / 2026 é a de Yanira Guizán Montes (Lugo, 30/01/2006). Exerce como gardameta e procede do FC Meigas, de Segunda División.
Ós seus 19 anos, a súa xuventude e traxectoria está á alza, destacando polas súas convocatorias nas seleccións españolas sub-17 e sub-19 (tamén nas galegas). Formouse na EDM Concello de Guitiriz, na que entrou como prebenxamín e permaneceu ata o seu primeiro ano de xuvenil (sendo convocada pola sub-17 por primeira vez). Despois, deu o salto á Primeira División co Viaxes Amarelle, no curso 2023 / 2024, debutando na primeira xornada. O combinado nacional volveu solicitar os seus servizos para a sub-17 e tamén para a sub-19 nesa campaña. Finalmente, na pasada tempada, xogou na categoría de prata, sumando minutos nas filas do FC Meigas de Bertamiráns. Por cuarta vez acudiu á selección española, a segunda coa sub-19 (coincidindo coa vermella Miri).
Benvida a Poio, Yanira!