Novas

Do interior á costa: Zaide Pérez

Xuñ 22, 2025

A ala procedente do Ourense Ontime, Zaide Pérez González (O Carballiño, 05/11/2001), confirmada como parte do próximo grupo.

Zaide Pérez comezou xogando ó fútbol 11 no CD Arenteiro dende pequerrecha. Pasouse ó fútbol sala en 2014 e formou parte do Carballiño FS. Tan só un ano despois, o Ourense incorporouna á súa base. Un total de dez campañas permaneceu na entidade auriense, coa que conseguiu un ascenso a Segunda División co filial e debutou en Primeira co primeiro equipo en 2019.

Benvida a Poio, Zaide!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Fichaxes · Zaide Pérez