Gran noticia para pechar a tempada 2023 / 2024. No último partido oficial do curso para o club, o equipo filial proclamouse campión da Copa de 1ª Autonómica na provincia de Pontevedra.
A escadra adestrada por Bea Mateos e Ale de Paz comezou o seu camiño neste torneo no Grupo C da primeira rolda, no cal se enfrontou á ADFS Bueu, futuro rival na final. Tras rematar en primeira posición, non tivo partido en cuartos de final ó non presentarse o seu adversario, O Carballo de Sárdoma. Na semifinal, as nosas mozas venceron por 4 – 0 ó Tenorio FSF, que viña de superar ó Mosteiro Bembrive C e ser segundo no Grupo A. No último paso, o Sénior B gañou por 1 – 3 ó Bueu no pavillón do Berbés, en Vigo, escadra que en liga foi subcampioa, adiantándonos por dous postos.
Broche de ouro para pechar a campaña cunha Copa que vén ás vitrinas vermellas e unha gran alegría para o club.