As finais da Copa Galicia teñen horario confirmado. Sabíase que serían o martes 17 de maio, coincidindo co festivo autonómico polo Día das Letras Galegas, pero agora xa coñecemos todos os detalles do evento organizado pola RFGF, o concello de Marín e o CD La Peña.
O noso partido contra o Ourense Envialia (a quen visitaremos en liga o sábado como preámbulo da final) será ás 17h. Definiranse as campioas da XV edición. Logo, ás 19:30h, será o turno dos homes, que enfrontan ó Noia Portus Apostoli e ó Parrulo Ferrol por saber quen se coroa na XXX final.
Buscaremos levantar por terceira vez esta Copa, ante o rival contra o cal a conseguimos por primeira vez en 2017. Despois, repetimos título en 2018 ante o Burela. Coma nesas ocasións, precisamos da marea vermella enchendo o pavillón da Raña en Marín para levar polo aire ó equipo. Todos os afeccionados que queiran acudir ó partido, teñen as entradas dispoñibles para mercar neste enlace.
Agardámosvos o martes para escribir unha nova páxina na historia do Poio FS!