Novas

As infantís pechan o curso coa Copa Galicia

Xuñ 25, 2022

Último partido oficial da tempada 2021 – 2022 para o Poio FS, redondeado da mellor maneira. As infantís, que xa foran campioas de liga ante o Viaxes Amarelle e participaron no Campionato de España que celebramos na Seca, suman ó seu palmarés o dobrete vencendo de novo ás coruñesas na final de Copa por un axustado 1 – 0.

Agora si, punto final a todos os partidos oficiais do curso. Damos as grazas a todos os que nos axudaron e nos seguen nesta aventura do fútbol sala: patrocinadores, adestradores, xogadores, pais, nais e afeccionados. Sen vós, isto non sería posible.

Vense a histórica campaña do 25 aniversario.

CATEGORÍA: ED Poio