Novas

Inscripcións abertas para a Escola Deportiva na nova tempada

Xul 29, 2022

O traballo de formación, de base e de iniciación no fútbol sala é un dos pilares deste club. Dende ben cedo queremos demostralo e por iso temos abertas as inscripcións para xogar nos nosos equipos na campaña 2022 / 2023.

Se naceches entre 2004 e 2018, podes ser parte da familia vermella. Envía (ti, teus pais ou titores legais) un email a poiofutbolsala@hotmail.com ou chama ós teléfonos que saen na imaxe.

Kevin será o coordinador da canteira feminina e Manu fará o propio na masculina. Os equipos máis xóvenes, o biberón e o prebenxamín, serán mixtos, mentras que para as demais categorías haberá conxunto de mozos e de mozas: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Agardámoste na Seca!

CATEGORÍA: ED Poio