Novas

Inscripción para a próxima tempada nas Escolas Deportivas

Xuñ 6, 2023

Coa tempada a punto de rematar, queremos sentar a base (nunca mellor dito) de cara á próxima campaña. Podes vir probar o fútbol sala connosco neste mes de xuño de cara á inscripción da seguinte tempada para que veñas xogar no Poio Pescamar FS, poñéndote en contacto con Juanjo no teléfono 676 522 243 (preferible escribir mensaxe por Whatsapp).

Cualquer neno, nena, mozo ou moza nado entre 2005 e 2019 poderá formar parte da familia vermella, posto que as categorías dispoñibles son dende biberón ata xuvenís.

Desfruta do fútbol sala en Poio!

CATEGORÍA: ED Poio