Novas

Inscripcións abertas para as Escolas Deportivas do curso 2024 / 2025

Xuñ 26, 2024

O fútbol sala en Poio está en auxe. Cada ano seguimos crecendo e levando o nome do concello por toda España. Por iso, somos referencia deste deporte, cada vez máis profesional. Quen sabe, quizáis ti poidas dedicarte a xogar ó fútbol sala, vivir a Primeira División ou chegar á Selección Española.

Para logralo, a formación é o primeiro paso. As nosas escolas deportivas abren inscripcións para nenos e nenas dende os 4 anos. Esta é a distribución por ano de nacemento:

  • Biberón: 2019 – 2020
  • Prebenxamín: 2017 – 2018
  • Benxamín: 2015 – 2016
  • Alevín: 2013 – 2014
  • Infantil: 2011 – 2012
  • Cadete: 2009 – 2010
  • Xuvenil: 2006 – 2007 – 2008

Contamos, ademais, con escola de porteiros e todo baixo a atención dos nosos adestradores titulados.

A cota anual é:

  • 80€ para os empadroados en Poio. O segundo irmán pagaría 60€ e así sucesivamente.
  • 100€ para os non empadroados en Poio. O segundo irmán pagaría 80€ e así sucesivamente.

Para máis información, escribe (preferiblemente) ó número 676 52 22 43.

Non dubides, únete ó vermello!