Novas

Lia Ayestarán García, convocada coa Selección Española Sub-15

Mai 3, 2023

Grandísima noticia chegounos esta mañá. A Selección Española sub-15, dirixida por Íñigo Martínez, convocou á nosa xogadora Lia Ayestarán García para unhas xornadas de tecnificación na Cidade do Fútbol de Las Rozas do 14 ó 17 de maio, nas que terán catro adestramentos e un partido.

Lia, de 13 anos, que despunta nos equipos infantil e cadete, inmersos en levarse o dobrete de liga e copa en Galicia, destacou tamén no recentemente rematado Campionato de España Infantil de Seleccións Autonómicas, no que coa selección galega proclamouse subcampioa (xunto á nosa outra integrante, Ángela).

Parabéns Lia, desfruta da experiencia e a seguir mellorando!

 

Fonte: RFEF
CATEGORÍA: ED Poio