Novas

Manu Cossío candidato a mellor adestrador

Xuñ 8, 2022

A Asociación Nacional de Entrenadores de Fútbol Sala (ANEFS) deu a coñecer os técnicos que optarán ós premios nas categorías principais do fútbol sala español, así como ó adestrador nacional que exerza no estranxeiro.

En canto á Primeira División Feminina, Manu Cossío é seleccionado ó premio despois de dúas campañas no clube, intentando na actual clasificar ó equipo por primeira vez entre os catro mellores de España. Os seus rivais pola distinción serán Joaquín Peñaranda, do Roldán, e Andrés Sanz, do Futsi.

Os galardóns entregaranse o día 2 de xullo en Utebo (Zaragoza), durante a cena do XXIII Congreso Nacional ANEFS.

Sen dúbida, unha nova que fala por si mesma da gran labor que Manu está realizando nas nosas filas.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Manu Cossío