Novas

Marea Vermella en Burela

Xuñ 5, 2023

O playoff polo título de liga non comezou como desexamos, pero dende logo que non nos renderemos tan facilmente. O sábado ás 17:00h, no pavillón de Vista Alegre, Burela, será o segundo partido da eliminatoria, que debemos gañar para forzar o desempate.

O conxunto de Luis López-Tulla rachou varias barreiras e rexistros que parecían imposibles nesta campaña e agora imos a por outro: vencer na pista do Burela por primeira vez.

Para iso, queremos que a fiel Marea Vermella, que o pasado sábado abarrotou A Seca, se desprace ata a Mariña Lucense. Os afeccionados que o desexen, poderán reservar entrada e praza en autobús por whatsapp no número 676 522 243 coas seguintes condicións:

  • 15€ adultos.
  • 5€ menores de 16 anos.
  • Inclúe entrada ó pavillón e desprazamento en bus.
  • Saída ás 13h do sábado dende A Seca, Poio.
  • Regreso ó finalizar o encontro.
  • Mínimo 50 persoas.

Entre todos, poderemos remontar a eliminatoria!

CATEGORÍA: Novas