Novas

Viaxa a Burela a animarnos no playoff polo título de liga

Mai 28, 2024

Fixémolo. Remontamos dende un noveno posto na xornada 16, a 11 puntos do playoff, ata clasificarnos para a semifinal pola liga como cuartas. Por segunda vez na nosa historia, ambas consecutivas, estaremos ante os ollos de toda España loitando polo título de Primeira División. O primeiro chanzo, moi coñecido, será o Burela.

Nunha campaña na que a conexión cos nosos afeccionados resurxiu como nunca, estando arroupadas en desprazamentos tan lonxanos como o da Supercopa en Torremolinos, queremos instar á Marea Vermella a un último esforzo. Por iso, habilitaremos un bus para levar á nosa xente á Mariña Lucense e apoiar ó equipo unha vez máis.

 

  • Bus e entrada: 10€ (menores de 12 anos, 5€).
  • Saída ás 14:00h do sábado dende A Seca, Poio.
  • Contacto para anotarse: 634 296 299 (só whatsapp).
  • Ata completar o autobús.
CATEGORÍA: Novas