Moi boas novas chegan a Poio este luns. Na convocatoria da selección española para dous partidos amigales ante Xapón, os días 22 e 23 de novembro, temos dúas integrantes vermellas e ambas coruñesas, Luci e Martita.
A primeira, habitual no combinado nacional e dobre campioa de Europa, fará de anfitrioa esta vez á súa compañeira de equipo, que debutará así con “La Roja” ós seus 21 anos. O gran traballo da peche no que vai de tempada, xunto ó resto do equipo na parcela defensiva (9 goles encaixados en 8 partidos de liga nos sitúan como a segunda mellor defensa, só superada pola do Futsi, que leva 7 goles en contra) non pasou desapercibido para a seleccionadora, Clàudia Pons.
Parabéns Martita, desfruta desta experiencia e que sexa a primeira de moitas convocatorias.